Empresarios galegos buscan negocios no Brasil
Viaxan a Río o 26 de novembro
Empresarios de toda Galiza buscarán novos mercados para os seus produtos no Brasil na misión comercial plurisectorial que se celebrará na cidade de Río de Janeiro do 29 de novembro ao 6 de decembro do 2009.
O obxectivo da misión é o de potenciar a presenza galega nunha das máis emerxentes economías a nivel mundial, ademais dun dos destinos máis importantes das exportacións españolas.
O desprazamento está enmarcado dentro do Plan FOEXGA (Plan de Fomento das Exportacións Galegas) e será organizado pola Cámara de Comercio de Pontevedra en colaboración co resto de Cámaras da comunidade. A maiores o 1 de decembro terán lugar unhas Xornadas Técnicas organizadas polas Cámaras de Comercio de Galiza que consistirán nunha presentación a empresarios e profesionais de Río sobre a potencialidade os sectores produtivos galegos de Construción Naval e Autopiezas, Enerxías Alternativas e Renovébeis, Editorial e Audiovisual, Sector Turístico, Materiais e Maquinaria para Construción, Equipos e Maquinaria para a Industria de Pesca e Acuicultura e Derivados.
Coa intención de favorecer o intercambio entre as empresas, laseguir destas xornadas realizaranse uns encontros empresariais organizados en colaboración coa FIRJAN (Federação das Indústrias do Estado de Río de Janeiro).
Desde o 1 ata o 5 de decembro levará a cabo a exposición dos diferentes catálogos das empresas galegas participantes na misión. E desde o 2 até o 5 procederase á elaboración de axendas individualizadas na sede das empresas brasileiras.
Emerxencia do Brasil
O Brasil é un dos estados máis cobizados en canto ás oportunidades para os investimentos estranxeiros, consolidou a súa posición de líder indiscutíbel o desenvolvemento económico de América Latina e amósase como un dos sistemas máis sólidos á hora de resistir as arremetidas da crise financeira global. De feito, o Brasil recibiu o grao de investimento outorgado por algunhas das máis prestixiosas axencias de cualificación crediticia, como Fitch, Standard & Poor’s ou Moody’s, todo un signo de calidade que só obteñen os países que garanten e aseguran a entrada de capitais estranxeiros. Ademais, o Banco Central prevé o despegamento definitivo da economía brasileira para o próximo ano, cun crecemento estimado do 4,5%. Aínda por riba, os achados petrolíferos nas costas dos Estados de Espírito Santo, Río de Janeiro e São Paulo reafirman as teorías de que o Brasil marcará o camiño do subcontinente nas próximas décadas.
O seu ascenso viuse recompensado coa organización do Mundial de Fútbol do 2014 e coa recente elección de Río como sede dos Xogos Olímpicos do 2016. Só na cita olímpica está prevista un investimento de case 10.000 millóns de euros, diñeiro que na súa maioría estará destinado a culminar as obras do metro, levantar novas instalacións deportivas, duplicar as prazas hostaleiras ou reforzar a seguridade.
Gracias por compartir esta información, hemos estado trabajando sobre información de empresas, aqui te indico nuestro último proyecto Empresas y Administradores Un saludo